A investigación segue o deseño metodolóxico previsto e xa estamos metidos de cheo na recollida de información por múltiples vías. A aplicación do cuestionario on line ás/os profesionais da xestión cultural pública, a técnica Delphi a expertos, a entrevista en profundidade a quince responsables políticos municipais da acción cultural, as historias de vida profesional a once técnico/as municipais, etc. Recabar dita información é vital para o equipo investigador, polo que agardamos as vosas achegas. A finais de xaneiro manteremos unha xuntanza de traballo para valorar o recollido e establecer novos fitos a acometer no seo da investigación.
top of page
bottom of page
Comments