top of page

Monográfico: Cultura, territorio e socioeducación

A Revista Galega de Educación, unha publicación de referencia na educación en Galicia con máis de 35 anos de andaina, dedica o seu monográfico á Cultura, e a ese traballo socioeducativo que se vertebra en torno a ela dentro e fóra da escola. Animamos á súa consulta!


"O punto de partida que aquí asumimos é que a cultura e a educación (nin moito menos só a escolar) son dúas caras da mesma realidade e preséntanse como factores de cambio, elementos fundamentais para a transformación dos territorios. Desde esta perspectiva, o presente número da RGE pretende achegar distintas reflexións e experiencias coa finalidade de reivindicar o protagonismo da necesaria dimensión socioeducativa da acción cultural no territorio, factor de desenvolvemento persoal, comunitario e territorial, de construción de cidadanía, que transcende o mero acceso a espectáculos e patrimonios e a simple conexión entre creador, mediador e consumidor de produtos culturais."

Fernando R. Lavandeira Suárez e Iván García García

Coordinadores do monográfico





bottom of page