Xerf@

MATERIAIS
Informe Proxecto Xerf@
Caride Gómez, Jose Antonio e Pose Porto, Héctor (Coords.) (2020). Proxecto XERF@. Formación e profesionalización da acción cultural pública en Galicia. Informe.

Candia Durán, Francisco Xosé e Ferreiro Núñez, Xesús (2021). Proxecto XERF@. Estudo sobre a formación e a profesionalización da acción cultural pública en Galicia. Revista Galega do Ensino, 82. http://www.edu.xunta.gal/eduga/2174/investigacion/proxecto-xerf
interea
Iniciándose o século XXI, entre os anos 2001-2009, un amplo equipo de persoal docente e investigador das Universidades de A Coruña (UdC) e Santiago de Compostela (USC), profesionais da xestión cultural, creadores e artistas, etc., coa participación ou colaboración de responsables políticos, técnicos ou con funcións administrativas na Deputación Provincial da Coruña, participaron activamente no deseño e desenvolvemento do proxecto interea. Unha expresión de orixe latina, reconvertida nun acrónimo: Iniciativas e Recursos no Territorio para a Acción Educativa e Cultural Local.
Na articulación destas palabras facíase explícita a vontade de recoñecer e poñer en valor a investigación, formación e a transferencia/divulgación de coñecemento á sociedade, procuradas polo quefacer educativo e sociocultural cotiá nos concellos da provincia da Coruña, en diálogo coas súas Universidades, alentado polos convenios de colaboración subscritos nese período.
Recuperando boa parte das actuacións promovidas, o que mostramos nesta Web reflicte algúns dos resultados mais tanxibles deste suxestivo proxecto, fundamentalmente na publicación impresa e/ou dixital da revista interea visual, dos cadernos temáticos, de varios informes de investigación, así como dalgunhas das actas derivadas dos foros e congresos convocados.
Compartimos tamén outros estudos e investigacións, realizados por outros grupos de investigación e colectivos profesionais, que traballan en liñas de pescuda próximas ao Proxecto Xerfa.
![]() Interea visual 00 | ![]() Interea visual 01 | ![]() Interea visual 02 |
---|---|---|
![]() Interea visual 03 | ![]() Interea visual 04 | ![]() Interea visual 05 |
![]() Interea visual 06 | ![]() Interea visual 07 | ![]() IntereaVisual_10 |
![]() Interea visual 08 | ![]() Interea visual 9 |
![]() Caderno temático 1 | ![]() Caderno temático 2 | ![]() Caderno temático 3 |
---|---|---|
![]() Caderno temático 4 | ![]() Caderno temático 5 | ![]() Caderno temático 6 |
![]() Caderno de arte |
Actas interea
![]() Actas Interea 2007 | ![]() Actas Interea 2004 |
---|---|
![]() Actas Interea 2002 |
Coñeces outro material de interese?
Axúdanos a enriquecer o listado de materiais compartindo as túas propostas.