top of page

Entrega do informe.

Tal e como estaba acordado entre as partes, a terceira semana do pasado xullo, fíxoselle entrega administrativa a Anxo Lorenzo, Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, do Informe xerf@. Isto é, do resultado escrito e documentado da investigación desenvolvida por un amplo equipo de profesores/as e investigadore/as das tres universidades galegas en base a un convenio de colaboración entre a devandita Dirección Xeral e a Universidade de Santiago de Compostela. No fundamental, tratábase de dar acaída resposta a unha demanda do sector profesional da acción e xestión cultural pública a propósito da súa situación laboral, profesional e formativa.

Á espera de que desde a Xunta de Galicia procedan da súa presentación e difusión, deixámosvos aquí a capa, índice e introdución de dito Informe. Agradecemos encarecidamente a cantos/as colaboráchedes nesta investigación, posto que sen vós, non tería sido posible nin sentido. Grazas.


Informe_Xerfa_Índice_e_Limiar
.pdf
Download PDF • 133KB




bottom of page