top of page

O aplauso (Microrrelato en sinal de solidariedade ao sector sociocultural)

a Fernando Lavandeira


Entereouse cando foi mercar o molete de pan sen sal. A estrita medicación e dieta esixíanlle rigor na súa inxesta e moito descanso. Mais Rosa decideu inscribirse.


- Como é que queres participar no obradoiro? Anótase xente moza- díxolle o animador teatral.

- Quero saber que se sinte cando te aplauden. Xamáis ninguén me aplaudíu-confesou a muller solteira.


Os ensaios comezaron de contado, todos os seráns dos sábados do inverno. Retraída e algo tatexa, asumiu de bo grao o papel que lle outorgaron. Sería a ama de chaves nun texto de Chéjov.

- Que lle apetece almorzar, Mr. Bradley?-debía dicir.

Ela trabucábase a miúdo. O falar non era o seu. O dela era rir cos ollos.


Chegadas as primeiras anduriñas, puxeron a súa cara no cartaz da obra para darlle alento.


Na véspera da estrea, Rosiña faleceu.


-O aplauso que me ides dar por esta charla, é para ela-pregoulle aquel animador sociocultural ao alumnado de Educación Social.


Héctor Pose




Comentarios


bottom of page