O pasado venres, 26 de marzo, desenvolvemos unha xornada de presentación virtual dos resultados do informe Xerf@, en torno á formación e profesionalización da acción cultural pública en Galicia.
Unha xornada na que compartiron escenario Anxo Lorenzo Suárez, Secretario Xeral de Cultura; Jose Antonio Caride Gómez, director deste estudo, da Universidade de Santiago de Compostela; Héctor Pose Porto, coordinador do estudo, da Universidade da Coruña; e Xose Manuel Cid, membro tamén da equipa de investigación, pola Universidade de Vigo. Dende os seus despachos, para compartir os resultados, conectaron Belén Caballo Villar e Fran Candia Durán, ambos da Universidade de Compostela, campus de Santiago e Lugo respectivamente.
Máis de corenta persoas asistiron á xornada en directo, e só un día despois, xa imos polas 147 visualizacións.
Se ti non puideches asistir en directo, aínda tes a oportunidade de facelo en diferido, a través da canle de youtube da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Comportimos por aquí o enlace.
Esperamos que os resultados deste estudo sirvan de base para proxectar liñas de traballo estratéxicas que permitan fortalecer ao sector da acción cultural pública en Galicia. Retos por diante temos moitos, e forza de traballo tamén!
ความคิดเห็น