Xerf@
Formación e profesionalización na acción cultural pública en Galicia
O PROXECTO XERF@
Esta investigación nace de anos de interese e reflexión en torno á acción cultural pública en Galicia.
Trátase dunha pescuda diagnóstica-avaliativa e prospectiva que busca a mellora do rol profesional e sociolaboral na acción cultural, valorizando os seus sinais de identidade formativos e profesionais, nos amplos e diversificados escenarios do quefacer sociocultural en Galicia.
EQUIPA
O grupo de investigación, baixo a dirección-coordinación do profesor Dr. José Antonio Caride (Catedrático de Pedagoxía Social na Facultade de Ciencias da Educación da USC), conta con persoal investigador das tres universidades galegas, nos campus de Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra.
NOVIDADES
Esta web é unha ferramenta de difusión na que dar a coñecer o proxecto e principais resultados, así como xerar un espazo no que compartir saber e inquedanzas entre investigadores/as do campo, profesionais e a sociedade en xeral.
Máis información? Contáctenos
Estamos aquí para o que precises. Contáctanos por correo electrónico ou mediante as nosas canles sociais.